Galego

  •   Pronuncia: /flɔ.'taɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

flotar

  1. Manterse un corpo sólido na superficie dun líquido.
    • Exemplo: Os barcos flotan na auga.

  2. Estar un corpo en suspensión nun fluído.
    • Exemplo: As partículas de po flotaban no aire.

  3. (Figurado) dito de algo inmaterial, estar no ambiente, influíndo no ánimo.
    • Exemplo: Flotaba sobre os reunidos un ánimo de tristeza.

Observacións

Termos relacionados

flotación, flotador, flotante.