habenza
Galego
- Pronuncia: /aˈβenθa̝/ /aˈβɛnθa̝/ (AFI)
habenza
- (Gandaría) Facenda, conxunto do gando pertencente a unha persoa ou a varios veciños dunha aldea.
- Sinónimos: emprego, facenda, gado, gando.
- Observacións: O Pai Sobreira (que escribe avenza), Eladio Rodríguez ou o Dicionario da RAG de 1928 defíneno como calquera clase de gando. Rodríguez, Cuveiro, Valladares, Filgueira, Carré, Otero Pedrayo ou Fole (os dous últimos escriben abenza), restrinxen o significado ó gando miúdo. O DRAG redúceo ó gando miúdo.