hebreo
Galego
- Etimoloxía: do latín Hebraeus, e este do grego antigo Ἑβραῖος (Hebraĩos), á súa vez do arameo עברי (ʿIḇrāy), do hebreo antigo עברי (Ivrí), do nome עבר (Eber), quizais do verbo עבר (avar), "atravesar".
- Pronuncia: /ɛˈβɾeo̝/ (AFI)
hebreo (ms: hebreo; mpl: hebreos; fs: hebrea; fpl: hebreas)
- (Linguas do mundo) Lingua semítica que xunto co fenicio, o púnico e o moabita constitúe unha póla do antigo cananeo. Fálase en Israel.
- Sinónimos: hebraico.
- (Relixión) Individuo do pobo semita orixinario de Xudea ou que segue a súa relixión.
hebreo (ms: hebreo; mpl: hebreos; fs: hebrea; fpl: hebreas)
- Relativo á lingua hebrea.
- Propio de, relativo ou pertencente ao pobo semítico que, de acordo á tradición bíblica, descende de Abraham e habitou o reino de Israel até a súa expulsión polos romanos.
- Relativo ou pertencente ao xudaísmo.