intervención

Galego

  Substantivo feminino

intervención (sg: intervención; pl: intervencións)

  1. Acción de intervir.
    • Exemplo: A Garda Civil detivo un grupo de narcotraficantes e procedeu á intervención de droga, armas e diñeiro en metálico.
    • Exemplo: A intervención daquela partida de mexillóns foi unha medida insuficiente.
    • Sinónimos: comiso.
  2. Participación nun acto, nunha obra, un proceso, unha decisión, etc.
    • Exemplo: Grazas á intervención daquela muller, a discusión non chegou a maiores.
  3. Operación cirúrxica.
    • Exemplo: Poden estar tranquilos, a intervención foi un éxito.
    • Sinónimos: operación.

Traducións


Castelán

  Substantivo feminino

intervención (sg: intervención; pl: intervenciones)

  1. Intervención.