Grafías semellantes:     Loureiro

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «loureiro».
 
  •   Pronuncia: /lowˈɾejɾo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

loureiro (sg: loureiro; pl: loureiros)

  1. (Botánica) (Alimentación) Árbore do xénero Laurus da familia botánica das Lauraceae ou lauráceas. É orixinaria do Mediterráneo oriental, varía entre 5 e 10 metros de alto, mais pode atinxir até 20 m de altura. As súas follas son vistosas, coriáceas e cun recendo moi característico, e por iso son moi usadas en condimentos na culinaria en xeral.
    • Exemplo: Entre as follas dun loureiro está o ferreiro a cantar.

    • Sinónimos: gamallo
    • nome científico: Laurus nobilis
  2. (Hostalería) Furancho
    • Exemplo: Sanidade pechou o loureiro do Moncho

    • Observacións: Estes establecementos reciben o nome de loureiros porque se anuncian cun ramallo de loureiro na porta ou no acceso

Traducións

Galego-portugués

  Substantivo masculino

loureiro (sg: loureiro; pl: loureiros)

  1. (Botánica) (Alimentación) Loureiro.

Portugués

  Substantivo masculino

loureiro (sg: loureiro; pl: loureiros)

  1. (Botánica) (Alimentación) Loureiro.

Sinónimos