luz
Galego
- Pronuncia: /ˈluθ/ (AFI)
luz (sg: luz; pl: luces)
- (Astronomía) Porción da radiación electromagnética visible ao ollo humano e que, en termos xerais, está comprendida entre as lonxitudes de onda de 4.000 A (luz violeta) e 7.000 A (luz vermella).
- Esa mesma enerxía cando ilumina as cousas.
- Exemplo: Só poderás ve-los detalles a plena luz.
- Exemplo: Só poderás ve-los detalles a plena luz.
- Punto desde o que se emite esa enerxía.
- Exemplo: Case é noite, pon as luces.
- Exemplo: Case é noite, pon as luces.
- Ventá na parede dun edificio.
- Exemplo: Non podes abrir luces aí porque esa parede é medianeira.
- Exemplo: Non podes abrir luces aí porque esa parede é medianeira.
- (Figurado) Persoa ou cousa que ilustra e guía os demais.
- Exemplo: O teu exemplo servirá de luz para tódolos demais.
- Exemplo: O teu exemplo servirá de luz para tódolos demais.
Sinónimos
- (2) claridade
Locucións
Locucións substantivas
Locucións verbais
- Botar ou dar luz (sobre algo): aclarar un asunto, dar máis información. O achado pode dar novas luces sobre a biografía de Sarmiento.
- Dar a luz: parir. ¿E ti, cando dás a luz?.
- Sacar algo á luz: descubrir algo oculto, poñelo en coñecemento dos máis. O artigo aquel sacou á luz tódolos trapos sucios do concelleiro. Pode completarse como Sacar algo á luz pública.
- Ter ou dar luz verde: ter ou outorgar cos permisos necesarios para levar algo adiante. Só cando o concello che dea luz verde podes empeza-las obras.
- Ter poucas luces: ser de pouca intelixencia, de reducida capacidade mental. Mágoa que o rapaz ese teña tan poucas luces. Pode usarse tamén a forma Non ter luces.
- Ve-la luz:
- Ser publicado ou coñecido. A súa novela tardou moitos anos en ve-la luz.
- Nacer.
Locucións de modo
- Á luz de algo: iluminado por algo. Lía con dificultade á luz dos cirios.
- A media luz: con pouca luz. Bailar a media luz.
- A todas luces: resultar evidente unha cousa. A todas luces, non vas ser quen de rematalo a tempo.
Traducións
- Caboverdiano: lus (kea)
- Castelán: luz (es)
- Francés: lumière (fr) (1,2,3)
- Inglés: light (en)
- Italiano: luce (it)
- Kotava: afi (avk)
- Papiamento: lus (pap)
- Portugués: luz (pt)
- Turco: ışık (tr)