Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «maimiño».
  •   Pronuncia: /majˈmiɲo̝/ (AFI)

  Adxectivo

maimiño (ms: maimiño; mpl: maimiños; fs: maimiña; fpl: maimiñas)

  1. Dise de certas partes ou órganos do corpo especialmente brandos ou pequenos.
    • Exemplo: Dedo maimiño; costela maimiña; dente maimiño.

Sinónimos


  Substantivo masculino

 
O maimiño

maimiño (sg: maimiño; pl: maimiños)

  1. Quinto dedo da man, o máis pequeno.
    • Exemplo: Rompeulle a unlla do maimiño.

Exemplo

  • Este é o miudiño, / este é o seu sobriño, / este o maior de todos, / este o furabolos / e este o matapiollos.

Sinónimos

Traducións