marrucho
Sobremesa típica galega feita, entre outros ingredientes, con fariña, ovos, manteiga ou touciño, azucre,... ten forma redonda e plana, cor amarela-branca con trazas castañas. Hai quen as prepara reenchidas con marmelada, púdin, crema,...
Entrada incompleta Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa. |
Esta denominación é típica no conxunto do concello de Baiona. Distínguese da "fillós ou fillosa" por estar, esta última, elaborada, principalmente, con sangue, por exemplo, de porco, e tamén pode ir adornada con uvas pasas. Noutros lugares do país galego denomínase "filloa" (-de leite ou -de sangue). O entroido é unha época común para a degustación deste manxar.