materia interestelar
Galego
- Etimoloxía: composto de materia e interestelar.
- Pronuncia: /maˈtɛɾja̝inteɾesteˈlaɾ/ (AFI)
materia interestelar
- (Astronomía) Contido de materia e enerxía que existe entre as estrelas (ou a súa inmediata contorna circumestelar) dentro dunha galaxia. Está formado por un plasma extremadamente diluído (para os estándares terrestres), composta dunha mestura de átomos, moléculas, po, radiación electromagnética, raios cósmicos e un campo magnético.