Galego

  •   Pronuncia: [maˈtɾiθ] (AFI)

  Adxectivo

matriz

  1. Que orixina algunha cousa.
    • Exemplo: O latín é lingua matriz do galego, castelán, portugués, etc.

    • Sinónimos: nai.


  Substantivo feminino

  1. (Anatomía) Útero, órgano do aparato reprodutor feminino.
  2. Parte dun talonario que conserva a referencia dos talóns arrincados.
  3. (Matemáticas) Disposicións dunha serie de elementos relacionados entre si.
  4. Molde empregado na imprenta para fundi-los caracteres.

Traducións