me
Galego
- Etimoloxía: do latín me.
- Definición: Forma átona da primeira persoa do singular, usada por quen fala ou escribe para se referir a si mesmo, cando gramaticalmente desempeña a función de complemento directo ou indirecto sen preposición.
Observacións
- Cando concorre cos pronomes átonos de terceira persoa o, a, os e as, xorden as contraccións mo, ma, mos e mas.
Exemplo
- Aféitome todos os días.
- Dóeme moito a ferida.
- Non me vistes cando pasastes.