Galego

  Substantivo feminino

  •   Pronuncia: [meˈði.ðɐ] (AFI)

singular plural
medida medidas


  1. Acción e efecto de medir.
    • Exemplo: Tomáronlle as medidas para facer un traxe.

  2. (Física) Unidade que se toma como referencia para determinar as dimensións dun corpo.
    • Exemplo: O metro é unha unidade de medida.

  3. Dimensións dun corpo.
    • Exemplo: A ver fillo, se as medidas desta sala son de 5 por case 7 metros, calcula a superficie.

  4. Obxecto cunhas dimensións ou capacidade determinada e fixada, que se usa como unidade para medir, polo xeral, volumes.
    • Exemplo: Para facer un bo arroz, bótanse dúas medidas de auga por unha de arroz.

  5. Número das sílabas dun verso.
  6. Acción destinada a previr ou resolver algo.
    • Exemplo: Os dous irmáns levábanse tan mal, que o pai tivo que tomar medidas.

  7. Control que se debe ter sobre o que se fai ou di.
    • Exemplo: O Pedriño tiña ben merecido a chata de manxador: cando se poñía á mesa, comía sen medida.

Termos relacionados

Traducións