miñoca
Galego
miñoca (sg: miñoca; pl: miñocas)
- (Zooloxía) Nome común de diferentes anélidos (filo Annelida), de corpo segmentado, vermiforme, longo, brando, comúns en lugares húmidos.
- Exemplo: As unturas con aceite de miñocas (obtido de fritir varias miñocas en aceite de oliva) tiñan sona de ser remedio eficaz contra a gota ou a reuma.
- Sinónimos: lombriga, mioca
- Termos relacionados: andar á miñoca, morrer á miñoca
- Exemplo: As unturas con aceite de miñocas (obtido de fritir varias miñocas en aceite de oliva) tiñan sona de ser remedio eficaz contra a gota ou a reuma.
- (Zooloxía) Anélido poliqueto que vive nos esteiros e praias.