miliario
Galego
- Etimoloxía: do latín “milliarium”
miliario (sg: miliario; pl: miliarios)
- (Arte, Historia) Columna de granito coa que se marcaban as distancias nas calzadas romanas.
- Exemplo: Aínda se conservan numerosos miliarios ó longo da Vía XIX do Itinerario Antonino.
- Observacións: Adoitan ser cilíndricos e presentar unha inscrición conmemorativa gravada na súa superficie. Levantábanse a distancias de mil pasos ou unha milla romana, aproximadamente 1450 metros
- Exemplo: Aínda se conservan numerosos miliarios ó longo da Vía XIX do Itinerario Antonino.