Galego

  •   Pronuncia: /ˈmɔɾto̝/ (AFI)

  Adxectivo

morto (ms: morto; mpl: mortos; fs: morta; fpl: mortas)

  1. Sen vida.
    • Exemplo: Muller morta, sete á porta.

    • Sinónimos: defunto.
    • Antónimos: vivo.
  2. Sen actividade, sen desenvolvemento.
    • Exemplo: Tralas eleccións, o proxecto do AVE quedou morto.

    • Sinónimos: esquecido.
  3. Obsoleto, propio do pasado.
    • Exemplo: Négome a crer que o latín e o grego sexan linguas mortas.

    • Sinónimos: obsoleto.
    • Antónimos: vivo.

Termos relacionados

Traducións


  Substantivo masculino

morto (sg: morto; pl: mortos)

  1. Persoa sen vida.
    • Exemplo: A mortos e a idos non hai amigos.

    • Sinónimos: defunto, finado.
    • Antónimos: vivo.
  2. Nunha batea, bloque de cemento moi pesado co que aquela se fondea no mar, fixado á batea mediante unha grosa cadea.
    • Exemplo: Atoparon un alixo de droga amarrado ó morto dunha batea.

Termos relacionados

Traducións