movemento
Galego
- Pronuncia: /moβeˈmento̝/ /moβeˈmɛnto̝/ (AFI)
movemento (sg: movemento; pl: movementos)
- Acción de moverse, de mudar de lugar ou posición un corpo ou algunha das súas partes.
- Presenza dun gran número de persoas que deslocan dun lugar para outro ou que realizan calquera tipo de actividade.
- Cantidade de grandes vehículos cos que se fan deslocamentos ou de mercancías coas que se realizan distintas operacións.
- (Arte) Conxunto de manifestacións que supoñen unha mudanza con respeito ó previamente establecido na arte.
- (Música) Cada un dos fragmentos dunha sonata, unha sinfonía, etc., de acordo co contraste de tempo existente entre eles.