Abrir o menú principal

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «natureza».
  •   Pronuncia: [na.tuˈɾe.θɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

natureza (sg: natureza; pl: naturezas)

  1. Conxunto de tódalas cousas e forzas que compoñen o mundo físico, especialmente todo o que existe sen intervención do home e que forma o medio onde este e o resto dos seres viven.
    • Exemplo: A natureza fornécenos do necesario para vivir. Gusto de vivir en contacto coa natureza.
    • Observacións: en ocasións considérase entidade activa: Mira o peteiro deste paxaro. Está claro que a natureza é sabia.
  2. Conxunto das propiedades que definen unha persoa ou cousa.
    • Exemplo: O can de San Bernardo é de natureza dócil.
  3. Carácter, índole, temperamento dunha persoa ou cousa.
  4. Condición de natural dun país ou comunidade.
    • Exemplo: Aínda que non o creas, eu son galego de natureza.
    • Sinónimos: orixe.

Termos relacionados

Traducións