Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «nave».
 
Unha nave amarrada no porto

  Substantivo feminino

nave (sg: nave; pl: naves)

  1. (Mariña) Barco de gran tamaño.
  2. (Arquitectura) Espazo lonxitudinal dunha igrexa ou outro edificio, delimitado por arcadas e cuberto por bóveda.
    • Exemplo: O Coro do Mestre Mateo estaba situado na nave central da Catedral.
    • Observacións: Adoita existir unha nave central ou principal, máis ancha e de maior altura, situada no eixo da igrexa, e naves laterais, paralelas á central e habitualmente de menor altura.
  3. (Arquitectura) Construción industrial formada por un espazo amplo e sen divisións.
    • Exemplo: O incendio destruíu totalmente tres das cinco naves da conserveira.

  Locución

Traducións