oído medio
Galego
- Pronuncia: /'oi.ðo̝ 'mɛ.dio̝/ (AFI)
oído medio
- (Anatomía) Cavidade case cadrada do oído dos vertebrados, situada no interior da porción petrosa do óso temporal, ao nivel da parte superior do cerebelo. Contén a cavidade timpánica, espazo situado tras a membrana timpánica, e o receso epitimpánico, que é o espazo superior a esta membrana.