Galego

  Substantivo masculino

omega

  1. Vixésima cuarta letra do alfabeto grego. Gráfase (Ω, ω). Corresponde aproximadamente ao o aberto do alfabeto galego.
  2. Símbolo numérico de valor 800.
  3. Escrita en minúscula, representa o primeiro número ordinal transfinito (ω).
  4. Escrita en minúscula, representa a velocidade angular (ω).
  5. Escrita en maiúscula, representa o ohmio (Ω).