Galego

editar
 
Egeo, mítico rei de Atenas, consultando á Pitia, o Oráculo délfico, sentada nun trípode. A inscripción na copa identifica a Pitia ca deusa Temis. Tondo de kílix ático de figuras vermellas, do Pintor Codros, c. 440-430 a. C., conservada no Altes Museum de Berlín (inv. 2538).

Etimoloxía

editar

Do Latín ōrāculum.

Pronunciación

editar
  • IPA: /ɔˈɾakulo̝

Substantivo

editar

oráculo[1]

  1. (Antigüidade clásica) Resposta que as divindades daban a aquelas persoas que as ían consultar.
  2. Divindade ou representación dela que daba esa resposta, e lugar onde o facía.
  3. Persoa que mediante determinados procedementos predí o futuro, evoca o pasado ou dá resposta a casos da vida diaria.
  4. (Figurado) Persoa ou entidade a quen todo o mundo escoita pola súa gran sabedoría e autoridade nunha materia.
  5. (Figurado) Xuízo emitido por esa persoa ou entidade, que é aceptado por todos como indiscutible.
  1. Dicionario da Real Academia Galega