Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «parroquia».
  •   Pronuncia: [paˈrɔ.kjɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

parroquia (sg: parroquia; pl: parroquias)

  1. Territorio baixo a dirección espiritual dun párroco.
  2. Igrexa onde se administran os sacramentos e se dá atención espiritual aos fregueses dun territorio concreto.
  3. Conxunto dos fieis que acoden á parroquia2.
  4. División administrativa que existe en numerosos países.
  5. (Coloquial) Clientes habituais dunha tenda ou outro establecemento público (café, bar, taberna).

Traducións