porco teixo
Galego
- Pronuncia: [ˌpɔɾ.kʊˈt̪ej.ʃʊ] (AFI)
porco teixo (sg: porco teixo; pl: porcos teixo)
- (Zooloxía) Mamífero da familia dos mustélidos de hábitos nocturnos. Mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos. Na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas. As orellas teñen rebordes brancos; as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. Habita en gran parte de Asia e na maior parte de Europa.
Traducións
Mamífero.