portelo
Galego
- Pronuncia: [poɾˈte.lʊ], [poɾˈtɛ.lʊ] (AFI)
portelo (sg: portelo; pl: portelos)
- Abertura nun valo ou muro, para permiti-lo paso de persoas ou animais ó interior do cerrado. Por veces, a propia cancela coa que se pecha esta abertura.
- Pedra que constitúe o piso exterior do forno.
- Ventá pequena pola que se atende ó público nos edificios administrativos ou locais de venda de entradas ou billetes.
- Nas portas divididas en dúas partes horizontalmente, a parte superior.
Sinónimos
- boquelo (2)
- pasadoiro (1)
- portela (1) (2) (3)
- porteleira (1)