prognóstico
Galego
- Etimoloxía: do latín prognostĭcum, e este do grego antigo προγνωστικόν (prognōstikón).
- Pronuncia: /pɾoɡˈnɔstiko̝/ (AFI)
prognóstico (sg: prognóstico; pl: prognósticos)
- Anuncio dun acontecemento futuro baseándose na observación de determinados sinais.
- Observacións: Adoita referirse á previsión do tempo.
- Exemplo: A observación do comportamento dos animais permite facer un prognóstico do tempo que vai facer. Por exemplo: 'Berra a vaca: hai maraxe'.
- (Medicina, Veterinaria) Valoración que un profesional fai da evolución dunha enfermidade, segundo os diferentes factores do enfermo e da enfermidade.
- Exemplo: Á súa idade, o prognóstico non é nada bo, pero faremos canto estea nas nosas mans.
- Exemplo: Á súa idade, o prognóstico non é nada bo, pero faremos canto estea nas nosas mans.
Termos relacionados
Traducións
Portugués
prognóstico (sg: prognóstico; pl: prognósticos)