Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «raposo».
 
Raposo
  •   Pronuncia: [raˈpo.sʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

raposo (sg: raposo; pl: raposos)

  1. (Zooloxía) Animal pertencente á familia dos cánidos, dentro da orde dos carnívoros, caracterizado por ter patas curtas, fociño estreito e alongado, orellas rectas e triangulares, rabo longo e espeso, e pelaxe alaranxada por enriba e branca pola parte inferior. Adoita pesar sobre 7 kg e mide entre 90 e 105 cm de longo (sen incluír o rabo).
  2. Persoa con astucia.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén