retrógrado
Galego
- Etimoloxía: do latín retrogradus.
- Pronuncia: [reˈtɾɔ.ɣɾɐ.ðʊ] (estándar), [reˈtɾɔ.ħɾɐ.ðʊ] (con gheada) (AFI)
retrógrado (ms: retrógrado; mpl: retrógrados; fs: retrógrada; fpl: retrógradas)
- Que vai cara a atrás.
- Que está en contra do progreso.
- Sinónimos: reaccionario.
- (Astronomía) Dise do movemento dalgúns corpos celestes ao longo da súa órbita ao redor do Sol ou dun planeta; ou ben o movemento dalgúns corpos celestes ao redor do seu propio eixo de rotación, realizado no sentido das agullas do reloxo.
retrógrado (ms: retrógrado; mpl: retrógrados; fs: retrógrada; fpl: retrógradas)
- Persoa que está en contra do progreso.
- Sinónimos: reaccionario.