soidade
Galego
- Pronuncia: /soiˈðaðe̝/ (AFI)
soidade (sg: soidade; pl: soidades)
- Circunstancia de estar só.
- Sentimento provocado por esa circunstancia.
- Sentimento íntimo e estado de ánimo provocados polo desexo de algo ausente que se estraña e que se presenta baixo distintas formas, que van desde realidades concretas (a persoa amada, o amigo, a terra, a patria...) ata a transcendencia plena e misteriosa, moi propios do mundo galaico-portugués pero con afinidades noutras culturas.
- Tamén se di saudade.