Galego

  Expresión

vagallón campal

  1. (Mariña) Estado do mar de grao 8, segundo a escala Douglas no que se ven ondas altas con longas cristas que caen como cadoiros. As grandes superficies cubertas de escuma dispóñense rapidamente en bandas brancas na dirección do vento e o mar colle todo el un aspecto abrancazado. Acada ondas de 9 a 14 metros.

Traducións