Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «vesícula».
  •   Pronuncia: [beˈsi.ku.lɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

vesícula (sg: vesícula; pl: vesículas)

  1. (Anatomía) Órgano oco, en forma de saco cunha boca estreita pola que verte o seu contido.
    • Exemplo: Hai que extraerlle dúas pedras da vesícula biliar.

  2. (Patoloxía) Ampola pequena, chea de líquido acuoso, que se forma na pel ou noutros órganos.
    • Exemplo: A varíola forma vesículas por todo o corpo.

    • Sinónimos: bocha, vexiga.

Termos relacionados

Traducións