Grafías semellantes:     yN ,    YN

Córnico

  Preposición

yn

  1. En.
  2. Dentro de.

Frisón

  Preposición

yn

  1. En.

Galés

  Preposición

yn

  1. En.
    • Observacións: Provoca mutación nasal. Ante mutación en m- transfórmase en ym, e ante mutación en ng- transfórmase en yng. Tras vogal cambia a 'n ou 'm. Cando o substantivo é indeterminado úsase a preposición mewn no seu lugar.

Partícula

  1. Introduce os atributos do verbo copulativo bod.
    • Observacións: Provoca mutación suave, excepto ante rh- e ll-. Tras vogal transfórmase en 'n.
  1. Introduce o infinitivo nos tempos perifrásticos de aspecto imperfectivo co verbo auxiliar bod.
    • Observacións: Non provoca mutación. Tras vogal transfórmase en 'n.

Manés

  Artigo

yn (sg: yn; pl: ny)

  1. O, a
    • Observacións: Entre consoantes transfórmase en y. Ante certas palabras terminadas en vogal pode abreviarse como 'n. Provoca mutación suave nos substantivos femininos no nominativo.

Náhuatl clásico

  Artigo

yn

  1. O, a, os, as.