Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «óptica».
  •   Pronuncia: [ˈɔp.ti.kɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

óptica (sg: óptica; pl: ópticas)

  1. (Física) Parte da física que estuda os fenómenos luminosos e a visión dos mesmos.
  2. Establecemento onde se comercia con instrumentos de óptica.
  3. Persoa muller que traballa nun establecemento que manexa esta cousas.
  4. (Figurado) Maneira de observar unha situación, perspectiva, punto de vista.

Traducións

  Adxectivo

óptica (ms: óptico; mpl: ópticos; fs: óptica; fpl: ópticas)

  1. Feminino de óptico.