Grafías semellantes:     Al ,    al ,    æl ,    ǣl

Galego

  •   Pronuncia: [ˈal] (AFI)

-al1

  •   Etimoloxía: do latín -ale(m) usado desde moi cedo para a formación de adxectivos, e tamén de substantivos.

  Sufixo

  1. Definición impropia: Elemento de formación de palabras de orixe latina, usado como sufixo para formar adxectivos (tamén substantivados) de orixe latina, e de substantivos indicando "estado", "condición", "pertenencia", como en abaxial, adverbial, anual, final, universal, xeral, etc., e tamén, uníndose a un substantivo, para formar outro substantivo, como en vial, casal, portal, etc.

-al2

  Sufixo

  1. Definición impropia: (Química orgánica) Sufixo empregado para a formación dos nomes dos aldeidos, como metanal, butanal, propanal, etc.