xeral
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués gẽeral, do latín generālis, generāle.
- Pronuncia: /ʃeˈɾal/ (AFI)
xeral (ms: xeral; mpl: xerais; fs: xeral; fpl: xerais)
- Que relaciona un conxunto de cousas, ideas, persoas...
- Antónimos: particular.
- Que afecta a unha ampla parte dunha colectividade.
- Sinónimos: común.
- Que ten o cargo máis alto.
- Termos relacionados: director xeral, gobernador xeral, secretario xeral.
- Termos relacionados: dirección xeral, secretaría xeral.
- (Medicina) Que afecta a todo o corpo ou a todo un organismo.
- Termos relacionados: anestesia xeral, malestar xeral.
- Dise da estrada á que dan outras secundarias.