ou
Galego
- Pronuncia: /ow/ (AFI)
ou
- Con valor disxuntivo expresa unha alternativa.
- Exemplo: Queres que ceemos ou queres que baixemos?, Flores amarelas ou brancas.
- Exemplo: Queres que ceemos ou queres que baixemos?, Flores amarelas ou brancas.
- Entre dúas cifras pode indicar avaliación aproximativa.
- Exemplo: Serían as dúas ou dúas e media.
- Exemplo: Serían as dúas ou dúas e media.
- Despois dunha afirmación expresa rectificación, explicación, etc., do que se vén de dicir.
- Exemplo: O avó é carpinteiro, ou foino.
- Exemplo: O avó é carpinteiro, ou foino.
- Indica que as formas que une designan a mesma cousa.
- Exemplo: O sabugueiro ou bieiteiro considerábase árbore sagrada.
- Exemplo: O sabugueiro ou bieiteiro considerábase árbore sagrada.
- Nexo de dúas cláusulas, cando a primeira expresa unha orde ou consello, e a segunda as consecuencias de non seguilo.
- Exemplo: Ou o deixas saír ou te denuncio, ¡Sácateme de diante ou arréoche!
- Exemplo: Ou o deixas saír ou te denuncio, ¡Sácateme de diante ou arréoche!
- Introduce unha explicación ou xustificación da afirmación que se acaba de facer.
- Exemplo: Tan incompetente non é, ou non a chamarían.
- Exemplo: Tan incompetente non é, ou non a chamarían.
Traducións
- Alemán: oder (de)
- Castelán: o (es).
- Croata: ili (hr).
- Francés: ou (fr).
- Inglés: or (en).
- Italiano: o (it).
- Portugués: ou (pt).
- Expresión de admiración, sorpresa, dor.
- Exemplo: ¡Ou, que guapa estás!
- Exemplo: ¡Ou, que guapa estás!
- Exclamación para chama-la atención dalguén.
- Exemplo: Ou, ti, ¿que fas?
- Exemplo: Ou, ti, ¿que fas?
- Partícula que reforza as interrogacións.
- Exemplo: ¿Estarás contento, ou?
- Exemplo: ¿Estarás contento, ou?
Traducións
Esta páxina procede da Galipedia. A páxina xunto co seu historial completo procede da Galipedia e polo de agora está pendente de formatar de acordo coas regras do Galizionario. |
OU símbolo
- "OU" (en maiúsculas) é o distintivo das antigas matrículas de automóbiles para Ourense; a súa implementación estivo envolveita en polémica debido a que foi unha esixencia cidadá (axudada polos propios impresores de placas) que se elevou a rango de lei coa oficialidade a nivel estatal da denominación galega e catalá das capitais provinciais. Xunto con "OU" cambiáronse "IB" (de Illas Baleares) e mais "GI" (de Girona), pero a súa influencia mediática foi atenuada pronto polo cambio de codificación nas matrículas.
- A principal campaña con repercusión social levouna a cabo a Mesa pola Normalización Lingüística. Na cidade das Burgas, a reivindicación realizouse con adhesivos que mesmo se superpuñan ó "OR" orixinal da placa. (v. tamén polémica do Seat Arosa).
Catalán
- Pronuncia: /ˈɔw/ (AFI)
ou (sg: ou; pl: ous)
- Ovo.
Francés
ou
- Ou.
Portugués
ou
- Ou.