ovo
Galego
- Pronuncia: [ˈɔ.βʊ] (AFI)
ovo (sg: ovo; pl: ovos)
- (Bioloxía) Cigoto: célula resultante da fecundación da célula reprodutora feminina (ovocito) pola célula reprodutora masculina (espermatozoide). É o primeiro produto da reprodución sexual.
- (Bioloxía) Corpo producido polas femias dos animais ovíparos, formado polo ovocito, normalmente fecundado, máis diferentes substancias nutritivas das que se alimentará o embrión no seu desenvolvemento.
- (Alimentación) O anterior pero referido unicamente ós utilizados na alimentación humana. Se non se especifica outra cousa enténdese o procedente da galiña, pero tamén se consomen ovos de pata, paspallás e, noutras latitudes, doutras especies de aves.
Traducións
Traducións
|
|
Castelán
- Etimoloxía: de ovar.
ovo
- Definición impropia: primeira persoa do singular, presente do indicativo do verbo ovar.
Italiano
ovo (sg: ovo; pl: ova)
- Ovo.
Variantes
Portugués
- Pronuncia: [ˈo.vu] (AFI)
ovo (sg: ovo; pl: ovos)
- Ovo.