á
Grafías semellantes: A , Å , a , à , a. , a- , -a , æ , А , а |
Galego
á1
- Etimoloxía: do galego-portugués aa.
- Pronuncia: [aː] (AFI)
á
- Definición impropia: contracción da preposición «a» e mais o artigo determinado feminino singular «a».
Termos relacionados
á2
á (sg: á; pl: ás)
- (Zooloxía) Membro cunha ampla superficie de sustentación, propio dos animais adaptados ao voo, (quirópteros, aves e insectos). Nas aves, está constituída polos ósos da extremidade torácica e por apéndices tegumentarios, as plumas.
- (Anatomía) Estrutura, normalmente eminencia ou apófise, que se acha a cada lado dun órgano impar, e que son máis ou menos simétricas. As máis importantes son as do esfenoide, as do solo do cuarto ventrículo e algunhas eminencias óseas, como as do ilio ou do sacro.
- Exemplo: Á do sacro.
- Exemplo: Á do sacro.
- (Botánica) Cada un dos dous pétalos laterais da corola das flores das papilionáceas.
- (Botánica) Calquera expansión laminar, foliácea ou membranosa, que se pode presentar en diversos órganos vexetais, como caules, pecíolos, froitos ou sementes.
- (Xeoloxía) Cada un dos dous lados dunha dobra.
- Sinónimos: flanco.
- (Zooloxía) Labio dalgunhas cunchas de moluscos gasterópodos.
- Superficie en forma de lámina plana con carácter independente que sobresae do corpo xeral dunha estrutura.
- Exemplo: As ás do avión.
- Exemplo: As ás do avión.
- Parte dun edificio diferente da zona principal, normalmente situada nunha zona lateral do espazo.
- Exemplo: A á oeste da Casa Branca.
- Exemplo: A á oeste da Casa Branca.
- (Alimentación) Parte da ave cociñada.
- Exemplo: Fixo as ás ao forno.
- Exemplo: Fixo as ás ao forno.
Galería
-
Un morcego, Chalinolobus morio, en voo: a á está soportada por catro dos seus cinco dedos.
-
Nos pterosuaros, como este Quetzalcoatlus, a á estaba soportada unicamente polo cuarto dedo.
-
Airbus A380, actualmente o maior avión comercial de pasaxeiros do mundo. Vemos os catro grandes turboreactores inseridos nas ás.
Sinónimos
- Ala.
Termos relacionados
- Á branca, á cinérea, á de mosca, á do esfenoide, á do ilíaco, á do sacro, á do vómer, á espuria, aleta.
Traducións
- Alemán: Flügel (de).
- Castelán: ala (es).
- Francés: aile (fr).
- Inglés: wing (en).
- Italiano: ala (it).
- Portugués: asa (pt).
- Ruso: крыло (ru)
Referencias
VV. AA. (2012). Dicionario de alimentación e restauración. p. 21. ISBN 9788445350560.
Portugués
á (sg: á; pl: ás)
- A.