estrutura
Galego
- Etimoloxía: do latín structūra, -ae, "forma en que está construído algo".
- Pronuncia: /estɾuˈtuɾa/ (AFI)
estrutura (sg: estrutura; pl: estruturas)
- Forma en que están ordenadas entre si as partes dun todo.
- Exemplo: A particular estrutura deste dicionario está pensada para facilitar a súa lectura.
- Exemplo: A particular estrutura deste dicionario está pensada para facilitar a súa lectura.
- Armazón que sostén algo.
- (Bioloxía) Disposición tridimensional das partes dunha substancia, un órgano ou un organismo.
- (Botánica) Disposición dos diversos elementos e tecidos no interior dun vexetal.
- Exemplo: A estrutura secundaria do tronco da árbore.
- Exemplo: A estrutura secundaria do tronco da árbore.
- (Edafoloxía) Característica física esencial dun solo que corresponde ao modo de unión das partículas que constitúen o seu esqueleto, ligadas entre si por cementos ou coloides orgánicos e minerais.
- (Xeoloxía e xeomorfoloxía) Combinación xeométrica de orixe tectónica que se observa desde a escala microscópica (microestutura) até a escala rexional (macroestrutura), por exemplo, desde a microdobra até a dobra tombada de escala quilométrica.
- (Petroloxía) Forma, tamaño e disposición macroscópica dos constituíntes dunha rocha.
- Sinónimos: estrutura petrográfica.
- (Física) Disposición dos constituíntes da materia en forma de moléculas ou redes cristalinas.
- (Psicoloxía) Organización de trazos, motivos e formas de comportamento que caracterizan unha persoa determinada.
- (Mineraloxía) Cada unha das diferentes estruturas que poden formarse nas moléculas dos silicatos: a maioría están formados por tetraedros SiO4, nos que catro átomos de oxíxeno están dispostos ao redor dun átomo de silicio.
Termos relacionados
- Estrutura cromosómica, estrutura cuaternaria, estrutura da materia, estrutura dobrada, estrutura fallada, estrutura fluidal, estrutura horizontal, estrutura inclinada, estrutura molecular, estrutura monoclinal, estrutura perlítica, estrutura primaria, estrutura secundaria, estrutura terciaria, estrutura vertical, estrutura vesicular, estrutura vítrea, estrutura xenética, textura.