elemento
Galego
- Pronuncia: /ɛleˈmento̝/ /ɛleˈmɛnto̝/ (AFI)
Substantivo masculino
elemento (sg: elemento; pl: elementos)
- Cada un dos compoñentes dun todo.
- Exemplo: Unha vez reunidos todos os elementos necesarios, xa podemos facer a tortilla.
- Entidade química, común ás diversas variedades dun corpo simple, así como ás combinacións dese corpo simple con outros corpos.
- Exemplo: Os elementos están formados por átomos da mesma clase.
- Sinónimos: elemento químico.
- Cada un dos compoñentes fundamentais da Terra.
- Exemplo: O líquido elemento.
- Compoñente dunha agrupación humana.
- Exemplo: O comando estaba formado tan só por tres elementos.
- Individuo, valorado positiva ou negativamente.
- Exemplo: É un dos mellores elementos do equipo directivo.
- Exemplo: Vaia elemento!
- Cada un dos constituíntes físicos que, sumados, constitúen o esencial do clima, como as precipitacións, a humidade e a temperatura do aire, a presión atmosférica e o vento.
- Exemplo: A forza dos elementos.
- Cada unha das partes ou pezas que compoñen unha máquina ou un dispositivo.
- Exemplo: O rotor é o elemento móbil dun xerador eléctrico.
Termos relacionados
- átomo
- clasificación periódica dos elementos
- elemento abiótico
- elemento accesorio
- elemento alcalino
- elemento alcalinotérreo
- elemento anatómico
- elemento biótico
- elemento calcófilo
- elemento criboso
- elemento de cristalografía
- elemento de transición
- elemento esencial
- elemento mineral
- elemento morboso
- elemento nativo
- elemento químico
- elemento radioactivo
- elemento tafonómico
- elemento traza
- elemento vascular
- elementos
- elementos principais
- os catro elementos
Traducións
Castelán
Substantivo masculino
elemento (sg: elemento; pl: elementos)