elemento accesorio

Galego

  Locución substantiva masculina

elemento accesorio (sg: elemento accesorio; pl: elementos accesorios)

  1. (Anatomía) Cada un dos vasos, condutos ou nervios que teñen unha importancia secundaria, ou ben que acompañan ou son satélites doutros máis importantes.
    • Exemplo: O nervio accesorio do braquial cutáneo externo.

  2. (Anatomía) Cada un dos dous nervios do XI par cranial, motores, orixinados no bulbo raquídeo e na medula, que se anastosoman cos dous primeiros cervicais, e co vago e dan unha rama interna, que se fusiona co vago, e outra externa, que inerva os músculos esternocleidomastoideo e trapecio.
  3. (Bioloxía) Cada un dos órganos que realizan un acto non principal, pero que axuda ao desenvolvemento dunha función.
    • Exemplo: As nectaríferas son glándulas accesorias da polinización das flores.

  4. (Petrografía) Cada un dos minerais se achan de maneira accidental nunha rocha, en cantidades máis ou menos grandes, sen afectar por iso ás características da mesma.
    • Exemplo: O granito está formado por cuarzo, ortosa e mica, e varios minerais accesorios.

Observacións

Nas acepcións de anatomía (1 e 2) o adxectivo accesorio pódese usar como substantivo:

O conduto de Wirsung e o seu accesorio.