vaso
Galego
- Pronuncia: /ˈbaso̝/ (AFI)
vaso ----
singular | plural |
vaso | vasos |
- Recipiente de boca ancha que serve para beber, de calquera material e forma (normalmente cilíndrica).
- Exemplo: María, pon os vasos na mesa.
- Termos relacionados: vasos comunicantes, a gota que encheu o vaso, afogar nun vaso de auga.
- Exemplo: María, pon os vasos na mesa.
- Por extensión, cantidade de líquido contido nese mesmo recipiente.
- Exemplo: Pero ¡se só foron dous vasos de viño!
- Exemplo: Pero ¡se só foron dous vasos de viño!
- (Anatomía) Conduto que transporta algún dos fluídos corporais de plantas ou animais.
- Exemplo: O colesterol obstrúe os vasos sanguíneos.
- Termos relacionados: arteria, vea, vaso sanguíneo, vasoconstritor, vasodilatador.
- Exemplo: O colesterol obstrúe os vasos sanguíneos.