• Portada
  • Ao chou
  • Acceder ao sistema
  • Configuración
Doa agora Se este sitio é útil para ti, fai unha doazón.
  • Acerca de Wiktionary
  • Advertencias
Wiktionary

cantidade

  • Lingua
  • Vixiar
  • Editar

Galego

  •   Etimoloxía: do latín quantĭtas, -ātis.
  •   Pronuncia: /kaŋtiˈðaðe̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

cantidade (sg: cantidade; pl: cantidades)

  1. Calidade que posibilita que as cousas sexan medíbeis.
  2. (Metroloxía) Valor numérico que resulta dunha medición (dunha magnitude) que se expresa con números acompañado por unidades.
    • Exemplo: O termómetro chegou a rexistrar cantidades superiores aos 30 ºC.

  3. Número de unidades ou medida pola que se determina o conxunto de cousas da mesma clase ou unha porción de materia.
    • Exemplo: Na análise detectáronlle unha cantidade excesiva de glóbulos brancos.

    • Exemplo: Toma pequenas cantidades de comida.

    • Sinónimos: Número.
  4. Porción ou número grande dunha cousa.
    • Exemplo: Ten cantidade de amigos.

    • Sinónimos: Número.
  5. Porción maior ou menor dunha cousa.
    • Exemplo: Para a merenda levou unha boa cantidade de pan.

  6. Porción indeterminada de diñeiro.
    • Exemplo: Pagou unha pequena cantidade.

  7. (Fonética e métrica) Duración dun son ou unha sílaba.
    • Exemplo: As vogais longas e as breves diferéncianse pola cantidade.

    • Exemplo: A cantidade é esencial para o ritmo do verso.

Traducións

  • Alemán: Quantität (de)
  • Castelán: cantidad (es)
  • Catalán: quantitat (ca)
  • Francés: quantité (fr)
  • Inglés: quantity (en)
  • Italiano: quantità (it)
  • Portugués: quantidade (pt)
Traído desde «https://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=cantidade&oldid=658818»
Última edición o 23 de agosto de 2020 ás 17:55

Linguas

    • English
    • Malagasy
    • Polski
    Wiktionary
    • Wikimedia Foundation
    • Powered by MediaWiki
    • A última edición desta páxina foi o 23 de agosto de 2020 ás 17:55.
    • Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario.
    • Normas de protección de datos
    • Acerca de Wiktionary
    • Advertencias
    • Código de conduta
    • Desenvolvedores
    • Estatísticas
    • Declaración de cookies
    • Termos de uso
    • Escritorio