Grafías semellantes:     numero

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «número».
  •   Pronuncia: [ˈnu.mɪ.ɾʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

número (sg: número; pl: números)

  1. (Matemáticas) Entidade abstracta que representa unha cantidade.
  2. Signo ou conxunto de signos que representa este concepto.
  3. Un destes signos ou conxunto de signos que se utiliza para caracterizar unha cousa dentro dun conxunto ou para clasificala nunha serie.
  4. Cantidade.
  5. Cada unha das edicións dunha publicación periódica.
  6. Cada unha das partes dun espectáculo.
  7. Posición, categoría, ou clase de persoas ou cousas.
  8. Cantidade de elementos dunha clase.
  9. Billete de lotaría ou outro sorteo.
  10. (Gramática) Categoría gramatical que permite expresar a oposición entre o singular e o plural, mediante marcas morfolóxicas propias, e que afecta a substantivos, pronomes, artigos, adxectivos e verbos.
  11. Membro sen graduación da Garda Civil ou doutros corpos armados.
  12. (Coloquial) Acción indecorosa que se realiza para chamar a atención.

Termos relacionados

Traducións


Aragonés

  Substantivo masculino

número

  1. Número.


Castelán

  Substantivo masculino

número (sg: número; pl: números)

  1. Número.


Catalán

  Substantivo masculino

número (sg: número; pl: números)

  1. Número.


Portugués

  Substantivo masculino

número (sg: número; pl: números)

  1. Número.