Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «humanidade».
  •   Pronuncia: /umaniˈðaðe/ (AFI)

  Substantivo feminino

humanidade (sg: humanidade; pl: humanidades)

  1. Condición ou natureza humana.
    • Exemplo: A humanidade de Cristo.

  2. Conxunto de todos os seres humanos.
    • Exemplo: Hoxe gran parte da humanidade pasa fame.

  3. Sentimento de comprensión, benevolencia e compaixón cara aos outros.
    • Exemplo: É unha muller de grande humanidade: axuda aos veciños en todo o que pode.

  4. (Figurado) Corpo dunha persoa.
    • Exemplo: Coa súa humanidade custáballe traballo meterse naquel pequno coche.

Traducións

  Substantivo feminino plural

  1. En oposición ás ciencias, conxunto dos estudos relacionados coas letras e actividades propias do espírito.
    • Exemplo: Eu son "de ciencias", pero tamén me gustan as humanidades.

Termos relacionados





Portugués

  Substantivo feminino

humanidade (sg: humanidade; pl: humanidades)

  1. Humanidade.