Galego

  •   Pronuncia: /es.peɣ̞.ˈt̪a.ku.lo/ (AFI)

  Substantivo masculino

espectáculo

  1. Función ou diversión celebrada nun lugar ao que pode asistir o público, como o cine, o teatro, os deportes, o circo, etc.
    • Exemplo: Son moi afeccioado aos espectáculos deportivos.

  2. Conxunto de actividades profesionais relacionadas cos espectáculos.
    • Exemplo: Teño moitos amigos no mundo do espectáculo.

  3. Cousa que se ofrece á vista ou á contemplación intelectual e que pode levar a atención e mover o ánimo, producindo gozo, asombro, dor ou outros afectos máis o menos vivos ou nobres.
    • Exemplo: No verán, as postas de Sol na ría son un espectáculo grandioso.

  4. Acción, situación, suceso, etc., que se presenta á vista da xente e chama a súa atención.
    • Exemplo: A cidade ofrecía un espectáculo brillante no Nadal. Emborrachouse e deu o espectáculo a toda a parroquia.