Galego

  •   Pronuncia: /aˈfɛkto̝/ (AFI)

  Adxectivo

afecto (ms: afecto; mpl: afectos; fs: afecta; fpl: afectas)

  1. Afeccionado ou apaixonado por alguén ou algo.
  2. Adscrito a un servizo.
  3. Exposto a unha obriga, suxeito a algo que se expresa, ou baixo a autoridade de algo ou alguén.

  Substantivo masculino

afecto (sg: afecto; pl: afectos)

4. Paixón anímica producida polo amor, a benquerenza ou o cariño.

Sinónimos

1. afeccionado, apaixonado, inclinado.
2. adscrito.
4. amor, benquerenza, cariño, paixón, simpatía.

Antónimos

4. animadversión, antipatía, aversión, malquerenza, odio.

Traducións


Castelán

  Substantivo masculino

afecto

  1. Afecto.


Portugués

  Substantivo masculino

afecto

  1. Afecto.