Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «vista».
 
Ollo, órgano onde radica o sentido da vista
  •   Pronuncia: /ˈbista̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

vista (sg: vista; pl: vistas)

  1. Sentido polo que o home e os animais perciben a forma e máis a cor dos obxectos, debido á luz que reflicten as superficies que o compoñen, e os ollos interpretan a radiación electromagnética que emiten dentro dun espectro visible.
    • Exemplo: Coa idade, a vista comeza a fallar. Ten unha vista de lince.

  2. Os ollos, como portadores deste sentido.
    • Exemplo: Dirixir a vista cara ao teito. Ten a vista torcida

      .
  3. Conxunto de cousas que se perciben visualmente desde o lugar onde un está situado.
    • Exemplo: Desde o balcón ofrécese aos nosos ollos unha fermosa vista

      . paisaxe, panorama
  4. Fotografía, debuxo, cadro etc., que representa unha paisaxe.
    • Exemplo: Unha vista aérea da illa da Toxa

      .
  5. Calidade para percibir ou intuír cousas que outros non intúen.
    • Exemplo: Que vista tivo! Fíxoche un bo negocio ao investir nesa empresa

      .
  6. Aparencia, aspecto ou disposición das cousas que se ven.
    • {{exemplo|Colocados así os mobles teñen mellor vista.
  7. (Dereito) Actuación na que se fai relación ante un tribunal dun xuízo, para pronunciar sentenza, oíndo ao fiscal, e aos defensores ou interesados que a ela concorran.
    • Exemplo: O martes vai comezar a vista polo asasitato

      .

  Substantivo masculino

  1. Funcionario de aduanas a cuxo cargo está o control das equipaxes e das mercadorías
    • Exemplo: O vista encontrou dúas bolsas de cocaína na maleta

      .

Observacións

Termos relacionados

á vista, á vista de, a vista de paxaro, ata a vista, vista, dupla vista, apartar alguén a vista, baixar alguén a vista, botar alguén a vista a algo, botar unha vista, cravar alguén a vista, comer coa vista a alguén ou a algo, con vistas a, coñecer de vista a alguén, curto de vista, en vista de, facer a vista gorda, fixar alguén a vista, golpe de vista, non perder de vista, nubrarse a vista, perder de vista a alguén ou a algo, punto de vista, ración de vista, torcer a vista, vista cansada, vista de aguia, vista de lince.