Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «negativo».

negativo

  •   Pronuncia: /ne.ɣaˈti.βo̝/ (AFI)
  •  

  Adxectivo

negativo (ms: negativo; mpl: negativos; fs: negativa; fpl: negativas)

  1. Que expresa ou contén unha negación.
  2. Que non leva a bo fin ou non dá resultados satisfactorios.
    • Exemplo: Eu non sei se iso da actitude negativa non consiste en dicir a verdade.

      [CORGA]
    • Exemplo: Por un lado, outórganselle propiedades saudables e, por outro, adxudícanselle efectos negativos, como provocar acne, sobrepeso, xaqueca ou carie.

      [CORGA]
    • Sinónimos: destrutivo.
    • Antónimos: positivo.
  3. (Matemáticas) Menor ca cero.
    • Exemplo: Realizamos operacións con cantidades positivas negativas.

      [RAG]

Traducións


  Substantivo masculino

negativo (sg: negativo; pl: negativos)


  1. Película fotográfica coas cores claras e escuras invertidas.
    • Exemplo: Tiña os negativos das fotos ben ocultos.

      [CORGA]
    • Exemplo: Un fotógrafo afeccionado que sempre o tiña a rente cando revelaba negativos ou retrataba nas rúas.

      [CORGA]
    • Sinónimos: clixé.

Traducións


  Substantivo feminino

negativa (sg: negativa; pl: negativas)

  1. Resposta en que se nega ou rexeita algo.
    • Exemplo: Ouvida a negativa da nena, comprendín que tiña que intervir.

      [CORGA]
    • Exemplo: Ignoraba os motivos da tan rotunda negativa, pero respectei os seus desexos.

      [CORGA]

Traducións