Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cero».
  •   Pronuncia: /ˈθɛ.ɾo̝/ ou /ˈsɛ.ɾo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

cero
(sg: cero; pl: ceros)

  1. (Matemáticas) Número que expresa unha cantidade nula.
    • Exemplo: Cero puntos.

  2. (Matemáticas) Número enteiro que precede ao un (1) e a todos os outros números positivos, e segue ao un negativo (-1) e a todos os números negativos.
  3. Algarismo que o representa (0).
  4. Ese número.
  5. Punto inicial dunha escala.
    • Exemplo: Partimos de cero.

  6. (Figurado) Ningunha ou moi pouca cousa.
    • Exemplo: Todo o que me dis é igual a cero.

Termos relacionados

cero absoluto, comezar de cero, reducir a cero, ser un cero á esquerda.

Traducións


Asturiano

  •   Pronuncia: /'θe.ɾo/ (AFI)

  Substantivo masculino

cero

  1. Cero.