Galego

  •   Pronuncia: [ˈaj.ɾɪ] (AFI)

  Substantivo masculino

aire (sg: aire; pl: aires)

  1. Mestura de gases e vapor de auga que conforman a atmosfera terrestre.
    • Sinónimos: ar.
  2. Conxunto de gases que constitúen unha certa atmosfera nun lugar e momento determinados.
    • Sinónimos: ar.
  3. Aire (gases da atmosfera) en movemento.
  4. Espazo sobre a superficie terrestre.
    • Sinónimos: ar.
  5. (Figurado) Cousa que fai que algo ou alguén sexa semellante a outro algo ou alguén.
  6. Maneira na que se presenta visualmente algo ou alguén.
  7. (Coloquial) Ataque de parálise.
    • Sinónimos: ar.
  8. (Figurado) Estado de debilidade, falta de apetito, etc. que se asocia popularmente ao contacto con defuntos, moribundos ou animais.
    • Sinónimos: ar.
  9. Maleficio provocado mediante unha mirada.

Traducións

Castelán

  Substantivo masculino

aire (sg: aire; pl: aires)

  1. Aire, ar.


Catalán

  Substantivo masculino

aire (sg: aire; pl: aires)

  1. Aire, ar.